Saturday 04 de May de 2024

Animada clausura do Programa de Dinamización e Promoción Social dos Maiores


Enmarcado no Xuño da Cultura e as Artes, o Auditorio de Riveira deu cabida na noitiña de onte ao acto de clausura do Programa de Dinamización e Promoción Social dos Nosos Maiores, que se converteu unha vez máis nunha exhibición da vitalidade das persoas que se animan a participar nos seus obradoiros: máis de 500 entre iniciativas como o taller de estimulación cognitiva, o obradoiro de galego, os talleres de enriquecemento educativa ou as clases de baile.

A clausura contou ademais coa participación do monologuista riveirense Quico Cadaval, que fixo as delicias dos numerosos asistentes coas súas anécdotas.

Ungrupo de alumnos dos obradoiros de baile se subiron ao escenario baixo a dirección de Fran Muñiz para amosar o aprendido cun espectáculo mestura de country, chachachá, tango ou merengue.

Voluntariado social
Así mesmo, no transcurso do evento fíxose entrega por parte do alcalde Manuel Ruiz e o concelleiro Esther Patiño duns obsequios a tres membros do grupo de voluntariado municipal: Maruja Gago, Cruz Rivadulla e Paula Calo.

O acto concluíu coa entrega de diplomas.